pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | CARLOS NUEVO CAL cronista oficial de viveiro e presidente do seminario de estudos terra de viveiro «A muller sempre traballou tanto ou máis que o home»

O historiador viveirense ofreceu onte unha charla enmarcada dentro dos actos do Día da Muller do CIM

Autor:
Y. García
Fecha de publicación:

O historiador Carlos Nuevo (Viveiro, 1958) falou onte na cidade do Landro sobre a evolución do traballo feminino, unha charla que forma parte dos actos do Día da Muller do CIM viveirense, e da que deu algunhas pinceladas antes de dirixirse ao público, partindo dos matriarcados primitivos, aos que seguiron os patriarcados, logo os primeiros movementos feministas, etc...

-Nalgunhas cousas parece que se vai para atrás...

-En certas cousas involucionamos, pero para volver a recuperar dereitos. Na historia sempre hai etapas, períodos, tamén situacións negativas a nivel persoal, pero o máis positivo é que unha vez que toma conciencia do seu valor e dos seus dereitos, a muller consegue o dereito ao voto en Inglaterra, aínda que en España sería máis tarde, na Segunda República(...) A medida que a situación vai cambiando, forzada por ela, vai logrando equipararse tamén en dereitos laborais e de igualdades. É unha conquista dura e que hoxe non se conseguiu aínda totalmente.

-Nesta comarca, ¿que perfís tiñan antes as mulleres?

-Había tres tipos. Ata fai 40 ou 50 anos Galicia foi maioritariamente agraria e mariñeira(...) A labrega e mariñeira, con moita iniciativa propia, é a que se dedica a traballar na casa e as leiras, a coidar dos fillos, ir á auga, buscar leña ao monte... Cando a partir do século XVIII comeza o sistema fabril, como pequenas fábricas de salazón, empeza a aparecer a muller asalariada, que traballa nas conserveiras, pero seguen levando todo o da casa e o horto e tamén se dedica a vender peixe, sobre todo nos anos da fame(...) Fóra do mundo rural estaba o peso específico das vilas, coma Viveiro, Mondoñedo... que concentran as feiras e mercados onde se vende todo tipo de excedentes. É a muller labrega a que viña vender: leiteiras, panadeiras, froiteiras, rosquilleiras, lavandeiras, costureiras, etc... todas relacionadas co mundo rural. Tamén falo das criadas, solteiras e casadeiras que trataban de facer un diñeiro para despois casar ou se non casaban quedaban na casa do señor case de por vida(...) Outras son as son as da vila, de clase alta, as señoritas, que vivían de rendas en especie ou diñeiro cobradas aos caseiros ou levaban comercios abertos de ultramar. Na vila tamén había artesáns que traballaban o liño(...) Sempre a muller traballou tanto ou máis que o home.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | CARLOS NUEVO CAL «A muller sempre traballou tanto ou máis que o home»

O historiador viveirense ofreceu onte unha charla enmarcada dentro dos actos do Día da Muller do CIM

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Nuevo Cal, na charla que impartiu onte en Viveiro
Autor de la imagen: | X. F. RAMALLAL
Imagen antigua de mujeres trabajando en una conservera

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.