O valor do comercio local

Laura Ríos
Laura Ríos RIBEIRA

BARBANZA

Librerias del Barbanza
MARCOS CREO

Os lectores seguen pedindo recomendacións aos profesionais

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

a. A xente aposta polo talento dos autores locais?

b. Segue habendo diferenza entre os xéneros que compran os homes e as mulleres?

c. É doado manter clientes na época dos clics e as pantallas?

 

María José Lestón.
María José Lestón.

1. María José Lestón

Lestón (Outes)

a. Aquí vendemos bastante libros de Ramón Blanco, pero máis ben a xente de Outes que vive fóra e vén de vacacións.

b. Penso que cada vez hai menos. Teño nenas que me piden Los futbolísimos e nenos que me piden de unicornios.

c. Sempre hai lectores habituais que veñen, pero a pandemia cambiou moito os hábitos de consumo, a xente lazouse a internet.

Jéssica Martínez.
Jéssica Martínez.

2. Jéssica Martínez

Chorima (Carnota)

a. En Carnota temos autores que levantan algunhas paixóns si. Unha delas é Sica Romero, que triunfou con Avelaíñas eléctricas.

b. Non sei se noto tanto diferenza. As temáticas dependen un pouco de cada persoa.

c. É unha parte importante do negocio por iso me esforzo en facer as recomendacións.

 

Juan José Rego.
Juan José Rego.

3. Juan José Rego

Gallardo (Muros)

a. Si, ultimamente está saíndo bastante un libro de Alfonso Blanco sobe os topónimos de Muros.

b. Aquí ambos sexos van á novela negra.

c. Sempre tes xente que repite, pero non é o máis común.

 

Inmaculada Blanco
Inmaculada Blanco MARCOS CREO

4. Inmaculada Blanco

Blanco (Noia)

a. Aquí non piden moitos autores locais, máis ben se son obrigatorios no colexio ou no instituto.

b. Onde máis o noto eu é nos rapaces, eles van a polo manga e elas a pola novela romántica.

c. Non é fácil, por iso eu intento ter sempre detalles cos clientes, sobre todo cos nenos.

5. Rosa Moledo

Rosa (Mazaricos)

a. Á xente gústanlle os libros que falan do seu concello ou de Galicia máis ben.

b. Se tivese que dicir algo diría que eles son máis de autores como Javier del Castillo.

c. Os maiores si, pero as novas xeracións nin paran por aquí, fan todo por internet.