Excursionistas ourensanos visitan a Ribeira Sacra de Sober e dan dous concertos
SOBER
A asociación cultural Agromadas ten un grupo de música popular e unha coral de voces masculinas
24 abr 2024 . Actualizado a las 17:17 h.As excursións que organiza a asociación cultural Agromadas ten a súa sede en Seixalbo (Ourense) non son como as demais. Inclúen viaxes con visitas culturais, pero tamén concertos. Porque os que viaxan nelas son tamén músicos e actúan en dous grupos distintos: Trovare e Cantigas de Seixo. Este domingo teñen visita pola Ribeira Sacra e concerto en Sober. Os seus dous grupos actuarán pola tarde no auditorio municipal.
«Os dous grupos estamos moi ledos de cantar en Sober, sabedores de que neste lugar hai moitos e bos músicos», explican na asociación Agromadas. O seu percorrido polo norte do canón do Sil comeza este domingo ás nove e media da mañá coa saída do grupo de Seixalbo. Unha hora despois terán unha recepción oficial no Concello de Sober e desde alí irán ver algúns dos lugares máis interesantes desta parte da Ribeira Sacra.
O concerto no auditorio da Casa da Cultura comezará ás sete da tarde.
Trovare e Cantigas de Seixo
Trovare é un grupo formado no 2016 por uns amigos que se coñeceron cantando en formacións como o coro Vellos Amigos de Manuel de Dios. Tocan música variada, desde cancións tradicionais galegas ata arranxos de pezas doutros países do mundo. Em Sober interpretarán cinco cancións: Gallarda, de Manuel de Dios; a tradicional irlandesa Con herbiñas de namorar; Espranza, de Manuel H. Iglesias; Tres cantigas galegas, con texto de Ramón Cabanillas; e Puedo soñar, de Manuel de Dios e Manuel H. Iglesias.
Cantigas de Seixo é unha formación de voces masculinas que foi creadao no 2015 dentro da asociación cultural Agromadas. En Sober, cantarán a canción popular galega Ábreme a porta, Rosiña; El árol del olvido, de Alberto Ginastera e Jacinto Chiclana, de Astor Piazolla. E pecharán con outra canción popular galega, a de Tres cantigas de amor.