Lucía Cid e as «Dinocarreriras», Premio Fin de Curso do Garaxe Hermético en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O GARAXE HERMÉTICO

As Plumas de Ouro recaeron en Alba Chan e Hadrián Jamardo, es as de Prata foron para Sara (Sardiña), Manuel Rial e Gael

08 ago 2023 . Actualizado a las 17:40 h.

La escola profesional de banda deseñada O Garaxe Hermético que dirixe Kiko da Silva anunciou o Premio Fin de Curso e as Plumas de Ouro e de Prata ao alumnado máis destacado deste curso. No caso do Premio Fin de Curso, o director do centro, Kiko da Silva, recoñeceu que «este ano tivémolo complicadísimo xa que o nivel era tremendamente alto», ao tempo que confirmou que este recaeu en Lucía Cid (Lulu Sketch) por Dinocarreiras. A autora beneficiarase dun contrato editorial e a publicación da obra en galego en Retranca Editora.

O GARAXE HERMÉTICO

Pola súa bada, as Plumas de Ouro recaeron en Alba Chan e Hadrián Jamardo, que se beneficiarán de media matrícula gratuíta no curso 2023-24. No caso das Plumas de Prata, estas foron para Sara (Sardiña), Manuel Rial e Gael.

O GARAXE HERMÉTICO

Tanto os títulos de fin de curso para os alumnos de terceiro curso que remataron a súa formación este ano, coma a entrega das Plumas e o Premios Fin de Carreira terán lugar nun acto de benvida ao novo curso académico 2023-24 que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 15 de setembro. Da Silva destacou que O Garaxe Hermético naceu hai case doce anos en Pontevedra ao botar «en falta un centro onde poder aprender o oficio da banda deseñada dun xeito serio, realista e da man de profesionais en activo».