Presentada a segunda edición do festival BDra Gráfica en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Miguelanxo Prado será o autor homenaxeado este ano

23 abr 2024 . Actualizado a las 19:08 h.

O edil de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez, xunto con Kiko da Silva, presentaron a segunda edición do festival BDra Gráfica, que se desenvolverá dende o 27 ao 30 de xuño. Miguelanxo Prado será o autor homenaxeado nesta edición, na que se habilitará un espazo central na Praza da Ferraría, ademais de desenvolverse xornadas profesionais no Teatro Principal.