O último informe do FMI, Perspectivas da economía mundial para os anos 2010 e 2011 , prevía para a zona euro un crecemento plano do 1% e 1,2%, respectivamente. Contrasta coas expectativas de recuperación medias do crecemento mundial referenciadas no 3,9% e no 4,3%.
Se máis do 70% do noso precario abano de exportacións se dirixe cara á depauperada Unión Europea, se a recuperación mundial está liderada polos mercados emerxentes... estamos diante dunha disxuntiva que precisa camiñar cara a apertura e intensificación das exiguas relacións comerciais con Asia, África e América Latina.
Tan só as grandes empresas logran fuxir da pauta das medianas empresas, que dirixen cara aos mercados do interior de Galicia un 75% do que producen.
Coa economía nunha recesión que se prolonga, cunhas empresas camiñando no límite da supervivencia, cuns mercados financeiros pechados á hora de inxectar circulante para superar o ciclo económico adverso, enténdese que o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, non pare de repetir que «a internacionalización da empresa galega non é unha elección, senón que é unha necesidade».
As sociedades modernas están a avanzar en conceptos como intelixencia rexional e a sociedade do coñecemento, detectando bancos de información, redes accesibles, etcétera, para programar as intervencións a través da conexión dos ámbitos sociais, políticos e administrativos que permeabilicen as interaccións económicas.
Poderá contar cunha diáspora de recoñecida solvencia empresarial, dotada de amplos niveis de coñecemento e penetración das sociedades de acollida, que acumula cinco tipo de capitais para Galicia que se deben explorar: humano, social, afectivo identitario, financeiro e de vinculación local.
Moito terá que esforzarse Galicia para dotarse de persoal cualificado e proxectos internacionalizadores que permitan reconquistar o camiño xa andado por comunidades como Valencia, Madrid ou Cataluña, para recuperar a demora acumulada durante os anteriores Gobernos da Xunta, onde a internacionalización nunca foi unha prioridade.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios