Na xornada de hoxe, Galicia quedará baixo a influencia das baixas presións cunha fronte asociada. Con esta situación, teremos que agardar ceos cubertos con chuvias xeneralizadas, máis persistentes e de intensidade moderada nas comarcas atlánticas. Temperaturas sen cambios significativos. Os ventos sopraran de compoñente sur, fortes con intervalos moi fortes no litoral e moderados no interior con refachos fortes en zonas altas.
Ceos cubertos con chuvias xeneralizadas, máis persistentes e de intensidade moderada nas comarcas atlánticas.
Temperaturas sen cambios significativos.
Ventos de compoñente sur, fortes con intervalos moi fortes no litoral, e moderados no interior con refachos fortes en zonas altas.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 18ºC | 14ºC |
| Fisterra | 16ºC | 13ºC |
| Santiago | 14ºC | 12ºC |
| Monforte | 15ºC | 10ºC |
| Lugo | 15ºC | 11ºC |
| Ribadeo | 19ºC | 14ºC |
| Viveiro | 19ºC | 13ºC |
| Ourense | 17ºC | 13ºC |
| Verín | 16ºC | 10ºC |
| Lalín | 14ºC | 11ºC |
| Pontevedra | 16ºC | 13ºC |
| Vigo | 17ºC | 14ºC |
| Vilagarcía | 16ºC | 13ºC |
| A Coruña | 18ºC | 14ºC |
| Pedrafita | 9ºC | 7ºC |
| O Barco | 16ºC | 12ºC |
| Cuntis | 14ºC | 11ºC |
Durante esta xornada, Galicia continuará baixo a influencia das baixas presións e agardando o paso dunha nova fronte. Esta situación deixaranos os ceos anubrados ou moi anubrados, con chuvias xeneralizadas de intensidade puntualmente moderada. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, fortes entre Bares e Fisterra e nas zonas altas de Galicia durante a mañá, e moderados no resto.
Ceos anubrados ou moi anubrados, con chuvias xeneralizadas de intensidade puntualmente moderada.
Temperaturas sen cambios significativos.
Ventos do suroeste, fortes entre Bares e Fisterra e nas zonas altas de Galicia durante a mañá, e moderados no resto.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 20ºC | 15ºC |
| Fisterra | 16ºC | 14ºC |
| Santiago | 15ºC | 12ºC |
| Monforte | 17ºC | 12ºC |
| Lugo | 16ºC | 11ºC |
| Ribadeo | 19ºC | 14ºC |
| Viveiro | 18ºC | 13ºC |
| Ourense | 19ºC | 12ºC |
| Verín | 16ºC | 11ºC |
| Lalín | 15ºC | 11ºC |
| Pontevedra | 17ºC | 14ºC |
| Vigo | 17ºC | 14ºC |
| Vilagarcía | 17ºC | 14ºC |
| A Coruña | 20ºC | 15ºC |
| Pedrafita | 9ºC | 6ºC |
| O Barco | 16ºC | 12ºC |
| Cuntis | 15ºC | 13ºC |
Durante esta xornada, Galicia quedará de xeito feble baixo a influencia das altas presións. Deste xeito, teremos que agardar unha xornada de ceos máis anubrados durante a mañá cando podería escaparse algunha chuvia residual durante as primeiras horas. Pola tarde, teremos apertura de claros xeneralizados. As temperaturas mínimas descenderán moderadamente mentres que as máximas o farán de xeito lixeiro no norte xa que no sur ascenderán de xeito lixeiro. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos durante a mañá rolando a oestes pola tarde.
Ceos máis anubrados durante a mañá cando podería escaparse algunha chuvia residual durante as primeiras horas. Pola tarde, teremos apertura de claros xeneralizados.
Temperaturas mínimas en moderado descenso; máximas en lixeiro descenso no norte e lixeiro ascenso no sur.
Ventos de compoñente norte frouxos durante a mañá rolando a oestes pola tarde.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 15ºC | 9ºC |
| Fisterra | 14ºC | 9ºC |
| Santiago | 15ºC | 8ºC |
| Monforte | 15ºC | 8ºC |
| Lugo | 14ºC | 7ºC |
| Ribadeo | 15ºC | 10ºC |
| Viveiro | 14ºC | 9ºC |
| Ourense | 17ºC | 10ºC |
| Verín | 15ºC | 8ºC |
| Lalín | 14ºC | 6ºC |
| Pontevedra | 18ºC | 9ºC |
| Vigo | 16ºC | 9ºC |
| Vilagarcía | 16ºC | 9ºC |
| A Coruña | 15ºC | 10ºC |
| Pedrafita | 8ºC | 4ºC |
| O Barco | 15ºC | 7ºC |
| Cuntis | 16ºC | 9ºC |